CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE

Lugo, 01 de xuño de 2019

 

     O Estadio lucense Gregorio Pérez Rivera acollía o sábado 01 de xuño o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE. O comezo do mes de xuño foi inusualmente caluroso achegando unha xornada atletica con moita calor. O autobus amarelo partía cara a Lugo as 06:30 horas,  unha longa xornada nos agardaba. Preto dunha trintena de amarel@s acadaron marca mínima para disputar algunha proba de maneira individual ou por relevos.

     Na categoria SUB 10 masculina participaron Miguel Fernández, 12º en lonxitude e 9º relevos 4 x 50 , Pedro González, 8º en marcha, Amaro Bastón 8º en peso, David Pardavila, 13º en peso, Iker Rial 14º en 50 m.l., 10º en pelota e 9º relevos 4×50, Breo Fernández 9º relevos 4x 50 e Gabriel Fazanes 9º en relevos 4×50.

     Na sección feminina Nahia Pintos rematou 11ª en marcha e 6ª en relevos 4x 50, Erica Novas foi 12ª en 50 m.l. , 12ª en 500 m.l. e 6ª en relevos 4 x 50, Aitana Broullon 14ª en 500 m.l., Noah Pinto 6ª en relevos 4 x50 e Zoe Fernández 6ª en 4 x 50.



 Na categoría SUB 12 Hugo Domínguez foi Subcampión Galego de 2000 m.l. e Hugo Collazo medalla de bronce. As mulleres que acadaron premiacion foron Sabela Castelo que venceu nos 2000 m.l. e Goretti Carballal que rematou terceira no salto de altura. O equipo de relevos 4 x 60, composto por Leire Fonseca, Goretti Carballal, Helena Bello e Uxia Gil proclamouse Subcampión Galego.


     Ademáis Enol Fernández foi 13º en pelota, Diego Garcia 6º en marcha e 10º en relevos 4 x 60, Hugo Domínguez 10º en relevos 4 x 60, Hugo Collazo 10º en relevos 4 x 60, Brais Pintos 7º en 1000 m.l. e Unai Ferral 10º en relevos 4 x 60. 

     Compretaron a participación Leire Brun 15ª en 2000 m.l., Leire Fonseca 11ª en 60 m.l. e  8ª en 500 m.l., Goretti Carballal 6ª en peso, Alba Del Valle 5ª en pelota e 14ª en altura, Candela Castro 7ª en pelota, Uxia Gil 14ª en 1000 m.l., Noa Quinteiro 11ª en peso e Helena Bello 11ª en lonxitude.



     Sen ánimo de criticar, ao día seguinte, Campionato Provincial SUB 12…to be continued

Deja un comentario