COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

     Duas importantes competicions nos teran ocupados durante a fin de semana. O sábado 01 de xuño temos en Lugo o CAMPIONATO GALEGO SUB10  E SUB12. Clasificaranse as 16 mellores marcas da actual tempada d@s atletas inscrit@s. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, soamente unha poderá superar os 250 m. Un autobús sairá da estación de Cangas as 06:30 horas.


RESULTADOS EN DIRECTO



     No domingo 2 de xuño disputarase o CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 12 E COMBINADAS SUB 14 no CGTD de Pontevedra. Nesta fase provincial do XOGADE tamén poden competir en duas probas, no caso de terse clasificado, máis nos relevos. O autobús partirá da estación de Cangas as 08:30 horas.


RESULTADOS EN DIRECTO



Deja una respuesta