CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

Ourense, 02 de marzo de 2019

    O autonómico da categoria SUB 16 supoñia a antesala do peche da tempada de pista cuberta, a nivel galego. Este sábado competían as mellores marcas galegas cadetes e o domingo estaba destinado para as categorias MASTER. Abril Entenza competiu no salto de altura, acadando un BRONCE cun mellor salto de 1,42 m. Nos 60 m.v. foi descalificada na final, quedamonos coa prometera marca que rexistrou nas semifinais, 9,89 s. Na outra semifinal competía Ana Cerqueira, quen con 11,86 s. non progresou a final. Máis preto estivo da final dos 60 m.l. quedando apeada na semifinal con 8,64 s. Erea Baston acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO no lanzamento de peso, cun mellor rexistro de 10,46 m. Nos 600 m.l. Ivan Iglesias rematou co sexto mellor tempo, 1:39.25. Aaron Otero, con 13,76 m, proclamouse CAMPION GALEGO de lanzamento de peso. Concurso no que foi de menos a máis e cunha boa marca preto do seu mellor rexistro. Despois de 10 voltas a pista, Anais Santamarina rematou 11ª nos 3000 m.l., na proba masculina Miguel Núñez e Anton Núñez finalizaron 8º e 9º.



Deja una respuesta