CAMPIONATO GALEGO DE CROSS XOGADE

Pereiro de Aguiar, 16 de febreiro de 2019

     Pechabase o circulo no programa XOGADE adicado ao Campo a Través. As categorias SUB 12, SUB 14 e SUB 16 tiñan unha cita co CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR. Culminaba cunha clasificación que contou con duas fases previas, o Campionato Zonal máis o Provincial. Non había dubida,  o Complexo de Monterrei contaría cos atletas que mellor se desenvolven no campo a través.



     Cunha excelente maña,  no plano metereolóxico, comezaba a proba da categoría SUB 14 masculina, Por diante, un percorrido de 2500 metros que marcaría as clasificacións finais. Carlos López encabezou o equipo no posto 21º, seguido de Raul Rial 33º, Yago Juncal 35º, Carlos Corredoira 42º, Ruben Lemos 48º e Diego Martínez 49º. A suma dos puntos levou ao equipo ao 7º posto.

     O equipo feminino SUB 14 acadou a medalla de BRONCE, sobre un percorrido de 2000 metros remataron con Maialen Fernández 13ª, Uxia Sánchez 17ª, Lucia Gil 23ª, Iris Malvido 38ª e Sara Nerga 40ª. Agata Rodriguez non chegou a meta debido a molestias físicas.



     Alzouse co triunfo o equipo SUB 12 masculino, composto por Hugo Domínguez 4º, Hugo Collazo 5º, Brais Pintos 13º, Hugo Malvido 30º e Rafael Vinicius 49º.

     A sección feminina SUB 12 acadou o BRONCE por equipos co engadido do Campionato Galego conseguido por Sabela Castelo, quen estivo respaldada por Uxia Gil 19ª, Helena Bello 43ª, Estela Raña 46ª e Leire Brun 50ª



     Damos por pechado o ciclo do cross e pasamos de cheo a pista cuberta.



 

Deja un comentario