MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO CROSS GALEGO MENORES

A Rua, 27 de xaneiro de 2019.

 

     Madrugón para coller o bus as 06:30 cara A Rua. Moitas familias xa aproveitaron para lidiar coas primeiras neves das montañas orientais. Desta volta deuse a circunstancia co mancado, que non puido acudir, foi o Adestrador. Botaron en falta @s nen@s os berros de «animo» de Calvar polas frias terras ourensas. Iso si,  todo o seu esforzo e os logros acadados non tiveron dubida en dedicarllos, así coma unha pronta recuperación.



     No terreo competitivo moi boa actuación das categorias menores no MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO CROSS GALEGO MENORES, nun circuito que alguns xa coñecían do ano pasado. Neste caso a xustiza que impartiu a proba foi tal que así:

     O equipo SUB 10 feminino rematou no 5º posto,  composto por Nahia Pintos 8ª, Aitana Broullón 22ª, Leire Fuentes 24ª, Zoe Fernández 26ª i Erica Novas 29ª. Os homes foron SUBCAMPIONS GALEGOS encabezados por Marcos Rial 13º, Gabriel Fazanes 17º, Miguel Fernández 18º, Pedro González 20º, Breo Fernández 21º e Iker Rial 22º.



     Na categoría SUB 12 ambos equipos acadaron o CAMPIONATO GALEGO. Os resultados individuais tamén ofreceron recompensa de podio no caso de Sabela Castelo finalizou 1ª e Hugo Collazo máis Hugo Dominguez 2º e 3º respectivamente. Na carreira feminina as demáis compoñentes foron Uxia Gil 10ª, Goretti Carballal 13ª, Leire Fonseca 17ª, Leire Brun 18ª, Helena Bello 23ª, Candela Castro 26ª, Estela Raña 29ª, Alba Del Valle 40ª e Leire Fernández 47ª.  No equipo masculino acompañaron aos podios individuais o posto 13º de Brais Pintos, 27ª para Diego Garcia e 32ª para Rafael Vinicius



     O Memorial Alejandro Lorenzo pechabase coa categoría SUB 14. As mulleres acadaron o SUBCAMPIONATO coas aportacions de Maialen Fernández 5ª, Uxia Sánchez 8ª, Lucia Gil 14ª, Agata Rodríguez 17ª, Iris Malvido 30ª, Sara Nerga 35ª, Nerea Malvido 45ª, Cristina Taboada 51ª, Carmen González 56ª, Noa Piñeiro 79ª e Marta Rua 80ª. No caso dos homes, ainda que subiron ao podio coma terceiros e polo tanto BRONCE por equipos, máis tarde os resultados oficiais outorgabanlle a CUARTA praza. O equipo conformarono Carlos López 17º, Raúl Rial 28º, Yago Juncal 31º, Carlos Corredoira 32º, Manuel Lemos 40º, Ruben Lemos 53º e Diego Martínez 56º.



Deja una respuesta