CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal, 19 de xaneiro de 2019.

     Este sábado o circuito urbano de A Pobra do Caramiñal acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Voltou a chuvia,  que lle aportou un punto máis de dureza a esta proba de Ruta. Na proba de 1 km correspondente a categoría SUB 10 masculina Pedro Gonzalez rematou 4º cun tempo de 7:28.



     Do bo facer de Sabela Castelo chegou a medalla de ouro na proba de 2kms da categoría SUB 12. Empregou un tempo de 10:36 para rematar o percorrido.



     A proba dos 3kms para a categoria SUB 14 pechaba a participación amarela. Iris Malvido acadou o 5º posto e Nerea Malvido rematou no 15º. Carlos Corredoira foi 7º na proba masculina.



Deja un comentario