CROSS ZONAL XOGADE

Moaña, 23 de decembro de 2018

 

     A axenda atlética deixou para o domingo 23 de decembro o CROSS ZONAL DO MORRAZO Ainda estaba presente a «resaca» da pista cuberta e parece co mellor para curala sería unha dose de cross. O tempo acompañou e o terreo estaba nun estado optimo. Esta proba e fundamental para pasar a seguinte competición de campo a través do programa XOGADE, estamos a falar do CAMPIONATO PROVINCIAL.  



     Na categoría SUB 10 o equipo de mulleres integrado por Erika Novas 2ª, Nahia Pintos 4ª, Aitana Broullon 5ª e Zoe Fernández 6ª, acadaron o 1º posto sumando un total de 17 puntos. Os homes foron segundos , con 20 puntos, liderados por Marcos Rial 2º, Miguel Fernández 5º, Pedro González 6º, Iker Rial 7º e Breo Fernández 8º.  



 A sección feminina SUB 12 presentaba dous equipos, o Vila A con Sabela Castelo 1ª , Goretti Carballal 2ª, Helena Bello 3ª, Leire Brun 5ª e Leire Fernández 12ª, que remataron primeiras ao sumar 11 puntos. O Vila B estivo composto por Uxia Gil 4ª, Alba Del Valle 8ª, Candela Castro 9ª e Sabela Domínguez 13ª, acandando o 2º posto con 34 puntos. Os homes gañaron a sua carreira cunha suma de 12 puntos do equipo encabezado por Hugo Domínguez 1º, Hugo Collazo 2º, Brais Pintos 4º, Hugo Malvido 5º, Diego Garcia 7º, Rafael Vinicius 8º e Brais Rodríguez 11º.



  Na carreira SUB 14 feminina concurriron dous equipos amarelos, o Vila A rematou 1º coa aportacion de Maialen Fernández 1ª, Uxia Sánchez 3ª, Lucia Gil 4ª, Iris Malvido 5ª e  Sara Nerga 6ª.  No caso do Vila B, remataron en 3º Posto, sen opción a pase, coa suma de Nerea Malvido 9ª, Carmen González 10ª, Noa Nerga 12ª, Marta Rua 13ª, Noa Piñeiro 15ª e Claudia Carcer 18ª. A sección masculina copou o podio con Carlos López 1º, Raul Rial 2º, Carlos Corredoira 3º, Yago Juncal 4º, Eloy Domínguez 8º, Manuel Lemos 9º, Diego Martínez 10º e Ruben Lemos 11º. Sumaron 11 puntos que lles supuso o 1º posto por equipos.



   Restaba a categoria SUB 16 para completar a idade escolar. As mulleres remataron primeiras con Anais Santamarina 1ª, Paula Amigo 2ª, Sofia Núñez 4ª e Carmen Castro 5ª. Os homes clasificaron os dous equipos que presentaron, polo Vila A Joel Curro 1º, Xian Fernández 2º e Juan Iglesias 3º. No Vila B foron Miguel Núñez 4º, Aaron Otero, 5º e Miguel Gallego 7º.



RESULTADOS


Deja un comentario