PRESENTACION TEMPADA 2018/2019

Cangas, 17 de novembro de 2018

     O sábado 17 de novembro no Salón de Plenos do Concello de Cangas, arroupados pol@s soci@s, tivo lugar a presentación dos equipos do Vila de Cangas para a presente tempada. A familia politica que nos acompañou estivo representada por Chelo Besada, Deputada de Deportes, Xoan Chillon, Concelleiro de Deportes e Jose L. Gestido coma membro de Cangas Decide. No tocante a familia atlética tivemos a sorte de contar con un podio de categoria.  Escoitamos, da man de María Abel Dieguezos pormenores dunha exatleta olímpica. Contounos o que se lle pasaba pola cabeza neses durisimos maratons que a encumbraron a élite do atletismo. Agora e a nosa veciña polo cal agardamos poder empaparnos da sua sabiduria.



     Solange Pereira tamén nos acompañou. Tivo a deferencia de relatarnos os avatares da sua clasificación para o Campionato Europeo de Cross Mixto, sempre desde a humildade que a fai dobremente grande. Mar Chillón pechou o trio de invitadas poñéndonos o día do atletismo universitario, do seu pasado no Club e esas amizades que fixo para sempre. Será difcil esquecer a impronta que deixou a marchadora tanto no Club coma nos seus integrantes.



     O programa seguiu a orde establecida o longo dos anos anteriores. Primeiramente sacamos  a foto de grupo no exterior. Xa dentro do Concello, foron desfilando os diferentes equipos segundo as categorias. Pasamos lista, e a verdade, viñeron case tod@s. Menuda canteira, abraiados nos teñen. Máis cando os xuntamos en tan pouca superficie, nos desborda a sua vitalidade.



     Como toda festa galega, que se precie, rematamos degustando productos da casa (de cada un). Previamente foi repartida a revista nº 23, chegando a ser «trending topic» na sobremesa. Non nos queda máis que agradecervos formar parte da familia amarela un ano máis. No vindeiro ano cumprense 25 anos da creación do Club, así que igual nos da por facer unha xuntanza de amarelos, ex-amarelos…daquela si que non cabemos.


Deja una respuesta