CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS CADETE E XUVENIL DE MARCHA EN RUTA

A Federación Galega de Atletismo, a proposta do seu responsable da marcha, D. Javier Vázquez, acordou convocar a tres atletas do Club Atletismo Vila de Cangas como integrantes da selección galega que acudirá ao campionto de Federacións autonómicas xunior, xuvenil e cadete.
Os convocados son a cadete Iria Piedras Gómez, o xuvenil Angel Menduiña Gutiérrez e a xunior Rebeca Obenza Otero.
A proba terá lugar en San Pedro de Pinatar (Murcia) o vindeiro 1 de marzo.

Deja una respuesta