CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE

Ferrol, 26 de maio de 2018

     Longa xornada na cidade departamental para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE. A primeira proba na que participabamos era o concurso de triple salto con Ariadna Gilquen rematou CAMPIOA GALEGA, cun mellor salto de 10,45 m.  Repetiu podio na proba de 100 metros valados proclamandose SUBCAMPIOA GALEGA. Deuse a circunstancia de constantes rachas de vento que invalidaron moitas marcas. Laura Valladares rematou 4ª na final do concurso de xavelina, cun lanzamento de 23,28 m. Maria Rodríguez disputou as probas de 400 e 200 m.l. na primeira delas rematou 11ª  e pola tarde quedou as portas da final do 200 m.l., cun tempo de 28,56 que se achega a sua mellor marca. Valeria Rodríguez foi SUBCAMPIOA GALEGA no concurso de peso, a pesar de acadar só dous lanzamentos válidos. No lanzamento de martelo rematou 4ª, pero xa máis preto do bronce.



     Na sección masculina contamos coa presenza de tres atletas. Na xornada de mañá Alex iglesias foi 9º na final dos 800 m.l. Aaron Dominguez participou nos concursos de Triplo e Lonxitude. Rematou 7º na final do triple salto e 8ª na lonxitude. Nesta mesma final tamén estivo Juan Piñeiroonde rematou no 5º posto. Viña de acadar a medalla de BRONCE no concurso salto de altura



 

 

Deja una respuesta