CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL-XUNIOR

 

Narón, 25 de setembro de 2010

 

Nas pistas de atletismo de Narón, situadas no Polígono do Río do Pozo desa localidade, disputouse este dobre campionato galego. Debido a distancia que nos separaba do lugar, houbo que saír cediño, ás sete da mañá.

Participamos con tres equipos: cadete masculino, cadete feminino e xuvenil- xunior masculino. Foi neste último no que fomos máis frouxos, pois tivemos varias baixas de última hora.

Entre os cadetes, as mellores actuacións correron a cargo de Tenín, Tomás, Raquel, Pablo e Antía, que lle deron o equipo o máximo número de puntos posible na súa proba. Tamén temos que destacar o grupo de relevos de 4×300 feminino, que despois de unha emocionantísima carreira, lograron chegar primeiras a meta. Na proba de 4×100 homes, unha caida dun dos corredores privounos dunha mellor posición, tendo que conformarnos có 3º posto.

Entre os xuvenís- xunior, o máis destacado foi Iván Rodríguez Maceiras, que se impuxo en altura e lonxitude.

En resumen, os cadetes, tanto homes como mulleres conseguiron a medalla de bronce por equipos e os xunior quedaron na 7ª posición:

Resultados:

Cadete homes:

Guillermo Piñeiro: 2º en 100 m.l. e 3º en 100 m.v.

Faustino Maquieira: 1º en 300 m.l. e 600 m.l.

Rafael Curro: 4º en 1000 m.l. e 5º en lonxitude

Tomás Acuña: 1º en 3000 m.l.

Antón Menduiña: 2º en 300 m.v. e xavelina

Jesús Parcero: 3º en 1500 obs e 3º en altura

Rubén Lorenzo: 4º en triplo e 4º en pértega

Pablo Castro: 1º en peso e disco

Relevos 4×100 (Tinín, Rubén, Guillermo e Antón): 3º

 

Cadete mulleres:

Aida Amoedo: 2ª en 100 m.l. e 300 m.l.

Patricia Abal: 2ª en 600 m.l. e 5ª en 1000 m.l.

Mar Chillón: 3ª en 3000 m.l.

Alicia Dacruz: 4ª en 100 m.v. e 5ª en 300 m.v.

Mª Jesús Novo: 2ª en 1500 obs e 3ª en triplo

Iria Piedras: 2ª en marcha

Antía Román: 1ª en xavelina e 5ª en lonxitude

Raquel Villa: 1ª en peso e 3¨ª en martelo

Talía García: 2ª en disco

Relevos 4×100 (Alicia, Antía, Patri e Mar) : 5ª

Relevos 4×300(Aida, Mar, Patri, e María): 1ª

 

Xuvenil – xunior homes:

Angel Ferrari: 5º en 3000 m.l.

Juanma Novo: 4º en 110 m.v. e 5º en pértega

Angel Menduiña: 3º en marcha

Iván rodríguez: 1º en altura e lonxitude

Simón Acuña: 2º en peso e disco

Jonathan Correa: 3º en xavelina

Deja una respuesta