CAMPIONATO GALEGO DE MILLA E KILOMETRO.

Santiago, 08 de abril de 2018

     Disputouse este pasado domingo 08 de abril, en Santiago, o CAMPIONATO GALEGO DE MILLA E KILOMETRO EN RUTA. Os grandes especialistas do medio fondo galego acudían ao circuito compostelan para voar na milla urbana, que se complementou co percorrido de 1km nas categorías de SUB- 10, 12, 14 e 16. Nesta distancia foi onde contamos coa presenza de varios atletas. Hugo Collazo rematou 2º na carreira dos SUB 10, cun tempo de 3:50 nos 1000 m. Na carreira feminina Sabela Castelo proclamouse CAMPIOA GALEGA na distancia cun tempo de 3:41. Hugo Domínguez rematou 10º na proba da categoría SUB 12, empregou 3:46 en facer o percorrido. Finalmente na categoría SUB 16, Lope Quinteiro foi 2º, nun apretado final que se solventou polas decimas de segundo.



      Na mesma data, en Pontevedra, tivo lugar o II TROFEO DE MARCHA ATLETICA EN PISTA. Candela Castro acadou o 1º posto na proba de 1000 m. SUB-10. Na seguinte categoría SUB-12 aumentaba o percorrido ata os 2000 m., rematando Lara Iglesias 1ª, Iris Malvido 2ª e Nerea Malvido 4ª. Carlos Corredoira foi 6º na proba masculina. Rocio Novas acadou o 7º posto na categoría SUB-14. Ana Piñeiro liderou a proba dos 3000 m., e coa marca acadada supon MARCA MINIMA para o Campionato de España ao Aire Libre.



Deja una respuesta