Esta fin de semana temos unha actividade atletica moi importante, non queremos deixar escapar a participación de dous amarelos en sendos Campionatos de España. Tamén imos facer un seguemento da Pista Cuberta, que entre o sábado e domingo vai acoller o Galego individual para as categorías SUB -10, 12, 14, 18 e 20. A Pista de Expourense será epicentro do futuro do atletismo galego e trataremos de ser partícipes.
Na localidade valenciana de Burjassot diputarase o 25 de febreiro o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA. Dentro deste gran evento tendrá lugar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 e SUB 16 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS.Alí estará Ana Piñeirocoma compoñente da SELECCION GALEGA na categoría SUB-16, neste caso para participar na proba de 5 kms.
En Castellón vai competir Manel Iglesias dentro do CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS PARA CATEGORIAS MENORES. Disputará a final do Lanzamento de Xavelina xunto aos mellores SUB-20 desta tempada.