II CROSS DE GALICIA- CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS

O Club Atletismo Vila de Cangas participou o pasado domingo 1 de febreiro no II Cross de Galicia – Campionato Galego de Veteráns, disputada no Monte do Gozo de Santiago. Nesta xornada foron as mulleres as que conseguiron os metais. Ana Cristina Gil Estévez proclamouse campiona na categoría xunior feminina. Andrea García Soage e Araceli Portela Fernández foron subcampionas nas categorías promesa e veteráns M40, respectivamente.
Outros resultados foron:
Roberto Riobó Estévez: 37º na clasificación xeral e 20º entre os senior.
Sergio Iglesias Alonso:41º na xeral e 5º entre os promesas.
Brais Misa García: 46º na xeral e 6º entre os promesas.
Francisco Rodal Abal: 72º na xeral e 34º en senior.
Maykel Portela Portela: 82º na xeral e 10º promesa.

Deja una respuesta