GALA DO ATLETISMO GALEGO

O Barco de Vadeorras, 12 de xaneiro de 2018

     Parece que o día 12 de xaneiro de 2018 estaba marcado no calendario atlético coma o día de Ana Piñeiro. Despois da tempada que nos deleitou chegaban os recoñecementos das entidades públicas relacionadas co atletismo, neste caso a Federación Galega de Atletismo máis o Concello de Cangas. Coincidían na mesma data a GALA DO DEPORTE en Cangas e a GALA DO ATLETISMO GALEGO en O Barco de Valdeorras. No primeiro caso estaba nominada coma MELLOR DEPORTISTA POR MODALIDADE e MELLOR PROMESA FEMININA, ao final non foi elexida coma gañadora en estas categorías. 

     Onde si contaba con dous premios seguros era na Gala da FGA, todo en base as medallas obtidas nos Campionatos Nacionais.  Estas premiacions permitironlle subir duas veces, unha coma medallista no Campionato de España Cadete e outra coma compoñente da selección Galega que obtivo a medalla de Bronce no Campionato de España por Federacións Autonómicas.  



Deja una respuesta