CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS AUTONOMICAS

     Durante a pasada fin de semana celebrouse en Lorca (Murcia) o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS AUTONOMICASO sábado 17 de xuño, Ana Piñeiro realizaba a súa mellor marca nos 3000 m. marcha. Rematou o percorrido en 15:04.21, acadando a medalla de prata nesta proba e aportando uns valiosos 16 puntos para o equipo. A outra amarela na selección feminina foi Valeria Rodríguez que acadou o 5º posto no lanzamento de peso con 11.27 mts.  A sección feminina rematou en quinto posto sumando 212 puntos.



       Lope Quinteiro foi o representante amarelo no combinado masculino, participou no peso e cun mellor lanzamento de 12.02 rematou 10º.  O equipo dos homes foi 8º cunha suma de 169.5



Deja un comentario