CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL-INDIVIDUAL

Valladolid, 3 e 4 de xuño de 2017.

 

     O complexo do CPTD Rio Esgueva de Valladolid apadrinou, outro ano máis, a categoría INFANTIL. De maneira individual esta categoría tiña que amosar @s atletas máis polivalentes competindo en diferentes triatlons. No triatlon C estivo Jacobo Diaz e Abril EntenzaO primeiro rematou no posto 14º, sumando 1112 puntos e Abril acadou o posto 30º con 1230 puntos.



     Aaron Otero foi o que andivo máis preto do podio, finalmente rematou 5º con 1.577 puntos,  destacar o posto 3º acadado no lanzamento de peso. Este ano engadiuse o triatlon E, coa proba de 2000 m. marcha, que non estaba representada. Denis Fernández acadou o posto 8º cunha suma de 1125 puntos.




 RESULTADOS


Deja un comentario