CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS ALEVÍN – INFANTIL

Pontevedra, 22 de maio de 2010
Neste magnífico día de primavera, fomos ata Pontevedra para sufrir con este sol digno dun día dos máis quentes do verán
Competimos con tres equipos: alevins femenino e masculino, e as rapazas infantís. Para non acaparar todo, subimos os tres postos do podio.
O máis alto subiron os rapaces alevíns como campións. No segundo posto quedaron as rapazas infantís tras loitar co equipo do Barbanza que as superaron por culpa da norma de eliminar a proba na que puntuaban menos. Sen dúbida, a proba máis dura foron os 3.000 m.l. que Noelia, unha das atletas máis novas nesta categoría, levou a cabo baixo un sol implacable, moi forte e imposible de eludir e, dende logo, con moito, moito bochorno.

Supoño que vos quedou claro que fixo moito calor, sol, bochorno…e que non había case onde poñerse para atopar un pouco de sombra, e que os máis desfavorecidos foron os atletas cando competían.
O terceiro lugar do podio foi para as nenas alevíns. Temos que destacar a participación das benxamíns Sandra Souto e Ariadna Gil que completaron o equipo e competiron con nenas que tiñan todas 3 anos máis que elas .

ALEVÍN FEMININO (Medalla de bronce por equipos)
Ariadna Gil Fernández: 3ª en 60 m.l.
Sandra Souto Otero: 2ª en 500 m.l.
Alba Vidal Soliño: 1ª en 1.000 m.l.
Noa García Prieto: 2ª en marcha
María Piñeiro Menduiña: 6ª en altura
Paula Santos Gil: 4ª en lonxitude
Saray Amoedo Portabales: 2ª en peso
Alba, Saray, Paula, Noa: 3ª en relevos
ALEVÍN MASCULINO ( Campións por equipos)
Julían Villa Carracelas: 1º en 60 m.l.
Martín Souto Otero: 7º en 500 m.l.
Jorge Piñeiro Garrido: 1º en 100 m.l.
Andrés Obenza Otero: 3º en marcha
David Lorenzo Germade: 1º en altura
Gabriel Fernández González: 2º en lonxitude
Martín Pérez Bacelar: 2º en peso
Gabriel, Jorge, David, Julián: 1º en relevos
INFANTIL FEMININO (Subcampionas por equipos)
Estela Costas Gandón: 3ª en 80 m.l.
Noa Rouco Baqueiro: 4ª en 1.000 m.l.
Noelia Graña Casas: 3ª en 3.000 m.l.
Paula Martínez Fernández: 2ª en 80 m.l.
Esmeralda Corredoira Herbello: 2ª en marcha
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura e 2ª en lonxitude
Carla Bernárdez Miranda: 2ª en peso e 2ª en xavelina
Estela, Noa, Alexia, Noelia: 2ª en relevos
resultados-galego-equipos

resultados-escolares_equipos_galego

Deja una respuesta