As pistas do Complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar acolleron este domingo o CAMPIONATO GALEGO MARCHA CADETE E XUVENIL EN PISTA. Na proba dos 3000 mts. da categoría CADETE contamos coa presenza de Ana Piñeiro, que se proclamou Campioa Galega, cun tempo de 15:27.23. A sua compañeira Valeria Fernándezrematou o percorrido en 16:48.54, acadando o 4º posto no campionato.