CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Aínda que ameazaba moi mal tempo, e mesmo se suspenderon as probas que estaban previstas para esta fin de semana en Pontevedra e Lugo, non ocorreu o mesmo con esta proba, na que se citaron cerca dun centenar de atletas de todas as categorías no circuito dos Cantóns de A Coruña.
A xornada empezou ben para o Vila de Cangas, pois xa na primeira das probas, os 3 km alevín e infantil, non só seerviu para proclamar a Mar Chillón Camaño como campiona galega, senon que ademais serviu para que ela mesma establecera un novo record galego na categoría infantil feminina.
A cousa prometía e na seguinte carreira, nos 5 km das cadetes, Iria Piedras Gómez estivo a piques de subirse o podiio, aínda que tivo que conformarse cun cuarto posto.
Este era un gran día e seguiuse demostrando na carreira dos 10 km, donde Angel Menduiña Gutiérrez non quiso voltar para Cangas sen a súa medalla de ouro e Rebeca Obenza Otero acadou a medalla de bronce. Os postos destes dous atletas sérvenlles ademáis para ir o campionato de España.
Non pensedes que aquí rematan as nosas medallas, pois o noso atleta máis novo participando, Andrés Obenza Otero colgouse o pescozo unha medalla de prata por ser subcampión galego.
Os demais atletas nosos quedaron como segue:
Abrán Santos Piñeiro: 4º en alevín homes
Noa García Prieto: 6º en alevín
Lucía Piedras Gómez: 9ª alevín
Esmeralda Corredoira Herbello: 8ª infantil
Talía Garcia Prieto: 9ª infantil

Deja una respuesta