CAMPIONATO GALEGO CADETE

O Barco de Valdeorras, 9 de maio de 2010

Este campionato cadrounos bastante a desmán, pois tivemos que atravesar toda Galicia de oeste a este ata chegar a o Barco de Valdeorras. En principio contábamos con 18 atletas participantes, pero o gripe fixo que Alicia non se atopara con forzas para competir, de xeito só competiron 17.
Todas as probas de mañá tiveron lugar baixo a chuvia, mentres que nas da tarde abriu o sol, pero tamén apareceu un vento frío.
Nun primeiro momento, Pablo deunos unha alegría ó conseguir a mínima no disco para o campionato de España, pero a alegría durou pouco, pois anularon a proba porque ó parecer, había un disco máis pequeno que o regramentario có que estiveran tirando algúns atletas, sen que puideran identificar ó/ ós atletas que tiraran con el.

Quen si conseguiu a mínima para o de España foi Mar en marcha, con o que xa son cinco os atletas do Vila de Cangas con pasaporte para ir a Pamplona en xuño: Pablo, Raquel, Aida, Antía e Mar.
Resultados:
Faustino Maquieira Outeda: medalla de prata en 300 m.l., 6º en 300 m.v.
Rubén Lorenzo Germade: 11º en 600 m.l.
Jesús Parcero Ríos: medalla de bronce en 3000 m.l.
Tomás Ocaña Pazos: 5º en 3000 m.l.
Sergio Piñeiro Garrido: 11º de en 3.000 m.l
Antón Menduiña Durán: medalla de bronce en 1.500 obs.
Pablo Castro Chapela: medalla de ouro en peso, medalla de ouro en disco e medalla de bronce en martelo
Aida Amoedo Portabales: medalla de ouro en 300 m.l. e medalla de prata en 100 m.l.
Patricia Abal Herbello: 5ª en 600 m.l.
Ana Bermúdez Méndez:16ª en 600 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: medalla de prata en 1.500 obs e 6ª en lonxitude
Mar Chillón Camaño: medalla de prata en marcha
Iria Piedras Gómez: 5ª en marcha
Raquel Villa Carracelas: medalla de ouro en peso, 6ª en disco, 4º en martelo
Antía Román Sotelo: medalla de ouro en xavelina, 4ª en peso, 10º en disco
Talía García Prieto: 5ª en peso, 5ª en disco
Noelia Cousiño Camaño: 17ª en disco
resultados-cadete-galego

Deja una respuesta