CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal, 12 de febreiro de 2017

 

     Outro ano máis a localidade de A Pobra do Caramiñal acollía o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA.  As condicions climáticas non acompañaron, foi unha mañá de vento, fria e con continuos chuvascos.  A proba da categoría alevín, cun percorrido de 2kms, realizouse de maneira conxunta, mulleres e homes. As irmans Iris e Nerea Malvido remataron 5ª e 6ª respectivamente. Lara Iglesias resultou descalificada polos xuices.



     Na carreira infantil, cun percorrido de 3kms, resultou vencedor Denis Fernándeznun tempo de 16:41. Rocio Novas acadou o posto 17ª da clasificación feminina. Repetiu victoria Ana Piñeiro nos 5 kms da proba cadete, parando o crono en 27:04. A sua compañeira Valeria Fernández rematou no posto 6º, cun tempo de 29:43.



     Na carreira de 10 kms, participou a promesa Esmeralda Corredoiraquen non puido rematar ao ser descalificada.

RESULTADOS


Deja una respuesta