MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CTO. GALEGO CROSS CURTO

A Baña, 05 de febreiro de 2017

     Estreabase emplazamento para o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CTO. GALEGO CROSS CURTONa localidade de A Baña estivemos coas categorías inferiores no Memorial máis cos cadetes masculinos no autonómico de Cross Curto. O terreo do circuito estaba ben tralo paso das borrascas destes días, iso si, era esixente e dos que hai que correr con cabeciña. A orde das carreiras estivo disposta de menor a maior categoría.



     Así as benxamins feminas deron comezo ao Memorial, encabezadas por Leire Fonseca, 10ª, Leire Brun 12ª, Candela Castro 15ª, Sabela Domínguez 18ª e Nerea Rial 33ª. O esforzo do equipo permitiu sumar 28 puntos e acadar a medalla de BRONCE. No tocante os homes, sobre o mesmo percorrido de 800 metros, participou Hugo Domínguez, que rematou 11º.



      Na categoría alevin o percorrido das mulleres era de 1400 metros e supoñia unha volta grande. Todo o sufrimento tivo recompensa cun 1º posto por equipos, no que interviron Lucia Gil, 8ª, Iris Malvido, 15ª, Lara Iglesias, 16ª, Sara Nerga, 17ª, Cristina Taboada, 18ª, Uxia Sánchez, 23ª, Noa Nerga, 32ª, Gema Dacosta, 33ª, Nerea Malvido, 42ª e Carmen González ,49ª.

     Os homes sumaronse a festa acadando o subcampionato, con 28 puntos, aportados por Raúl Rial, 6º, Carlos López, 9º, Yago Juncal, 17º, Carlos Corredoira, 22º, Manuel Lemos, 23º, Ruben Lemos, 34º e Diego Martínez, 43º.



     O equipo infantil feminino estivo preto do podio, con 68 puntos rematou en 4º posto. As integrantes do mesmo foron Sara Mallo, 8ª, Abril Entenza, 26ª, Nuria Argibay, 28ª, Irene Rúiz, 39ª, Nerea Piñeiro, 51ª, e Ana Cerqueira, 57ª.

     O percorrido máis longo do Memorial estaba reservado para a carreira infantil masculina. Un total de 2450 metros que remataron Iván Iglesias, 14º, Denis Fernández, 17º,  Aaron Otero, 19º, Daniel Quinteiro, 20º, Adan Dacosta, 25º, Carlos Portela, 28º, Miguel Núñez, 35º e Jairo Parcero, 45º. A suma de 45 puntos supuso a medalla de BRONCE.



     Para a categoría cadete masculina o percorrido supoñia 3500 metros. Foi a nosa representación no CAMPIONATO GALEGO CADETE DE CROSSintegrado por Lope Quinteiro, 14º, Alex Iglesias, 48º, Aaron Domínguez, 51º, Anxo Camaño, 56º, Gabriel Dacosta, 71º, Daniel iglesias, 78º e Manuel Otero 79º.  A suma do equipo levounos ao 8º posto.



Deja una respuesta