RESUMO DA ACTIVIDADE ATLETICA

     Mentras agardamos polos resultados do Cross Zonal, disputado esta maña en Meira-Moaña, imos resumir a actividade d@s amarel@s durante a fin de semana. Iniciamos a mesma na localidade de Campo de Criptana (Ciudad Real), onde o sábado 14 disputouse o TROFEO DE MARCHA ATLETICA VILLA DE LOS MOLINOS.  Na categoría cadete contamos con Ana Piñeiro que rematou 1ª con 26:48 os 5 kms. Valeria Fernández foi 5ª remantando o percorrido en 28:48. Denis Fernández fixo o percorrido de 3 kms e rematou en 1º posto na categoría infantil con 16:07. Destacar os tempos obtidos polos tres atletas, ademáis dunha nova mínima para o Campionato de España de Ana Piñeirosumando a que tiña nos 3 kms.


     


     Na xornada matinal do domingo disputabase  nas Pistas de Atletismo de Balaidos I XORNADA DO II CIRCUITO CONCELLO DE VIGO EN PISTA – SERIES MUNICIPAISEsta data para a xornada afectou a categoría cadete, que tivo que repartirse tamén co Cross Zonal. Destacar a mínima acadada por Valería Rodríguez no lanzamento de peso, con 10.70 obtivo praza para o Campionato de España Cadete de Pista Cuberta que terá lugar en Antequera o 18 e 19 de marzo. Outras das marcas andiveron preto das perseguidas mínimas,  polo que non descartaremos seguir dando boas novas. RESULTADOS


      Metidos de cheo na tempada de Cross destacamos o 1º posto na súa categoría obtido por Mª Belén Lemat no XVII CROSS POPULAR DO CONCELLO DE BOBORÁSisto o domingo despois de participar nun duatlon o sábado, nada o coello de duracell un lixo.



Deja una respuesta