TROFEOS SOLIDARIOS DE NADAL

      A actividade atlética da fin de semana poñia a proba @s amarel@s en diferentes puntos da xeografia peninsular. Vigo, Lugo, Getafe e Braga, no veciño pais, foron as sedes das competicións nas que tivemos representación.  No caso da cidade olivica,o II Trofeo Solidario do Nadal Celta de Atletismo  supuso unha importante proba para calibrar o estado de forma, rematando cos seguintes RESULTADOS



     O modulo cuberto de Lugo concentrou durante a tarde do sábado a atletas chegados de toda Galicia para a disputa do II Trofeo Nadal Verxel Indoor. Para Ariadna Gil serviu coma contacto coa pista cuberta, rematando os 60 m.l. en 8’68 e os 60 m.v. en 10’02.  Paula Martínez amosou un estado de forma magnifico acadando nos 60 m.v. marca mínima para o Campionato de España Junior, 9’38. Pechou a su actuación cunha mellor marca nos 60 m.l. 8’22.

     Na localidade madrileña de Getafe disputouse o Trofeo de Marcha Atletica «Cerro Buenavista»Na proba de 10 kms. contamos coa presenza de Esmeralda Corredoira, quen rematou en 59’32 o percorrido, ocupando o 8º posto absoluto e 5º da súa categoría. Carlos Corredoira rematou 7º no percorrido de 2 kms da categoría alevín.



     A pista cuberta de Braga estase a converter nunha alternativa moi valida para os atletas galegos. De feito, tres dos nosos xuvenís estrearonse de maneira notable na mesma. Os tempos nos 200 m.l. foron de 28’60 para Iria Rodríguez, en 24’91 rematou David Lorenzo e 23’71 para Daniel Calvar


 

Deja una respuesta