COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

    Pois parece que coa chegada do nadal @s nos@s amarel@s se poden relaxar. Van rematando os exames e polo tanto coa disciplina atlética procuraran eliminar o «stress» acumulado. Na pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo) vai ter lugar, sábado 17, o II TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO. No momento de recoller o dorsal, os participantes poderán entregar un xoguete novo ou alimentos non perecedoiros á organización. INSCRITOS

    Partirá un autobus desde a estación de Cangas as 08:30 h.



HORARIO


     Para todos eles o prazo de inscrición rematará o vindeiro 15 de decembro ás 22.00 horas. Os dorsais serán facilitados pola organización e recolleranse na zona de secretaría o mesmo día da competición con 40 minutos de antelación sobre a proba na que se participe.

     O mesmo sábado, en xornada de tarde, a Delegación en Lugo da FGA vai organizar o II TROFEO NADAL VERXEL INDOORAli estarán a nosa atleta junior Paula Martínez e a cadete Ariadna GilDisputarán probas de valados e velocidade. RESULTADOS EN DIRECTO

     Para o domingo 18 agardanos unha competición de pista cuberta na localidade portuguesa de Braga. Alí os atletas xuvenís Iria Rodríguez, David Lorenzo e Daniel Calvar participarán na proba dos 200 m.l.  REGULAMENTO E HORARIOS


Deja una respuesta