As pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra acolleron o TROFEO ESCOLA DE MARCHA DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA. Foi en xornada de maña e os percorridos eran de 1000, 2000, 3000 e 5000 mts, dando cabida a todas as categorías. No tocante a metereoloxía, tivo momentos menos malos pero en canto avanzou a maña foi totalmente adversa.
A categoría benxamin abriu a competición. Na carreira feminina Candela Castro rematou o percorrido de 1km nun tempo de 7:47.84, acadando o 7º posto. Para os alevins, doblouse a distancia. En mulleres Lara Iglesias foi 1ª, seguida por Iris Malvido, 5ª e Nerea Malvido, 7ª. Nos homes Carlos Corredoira rematou 4º.
A categoría infantil masculina foi liderada por Denis Fernández, cun tempo de 16:22.39 sobre os 3 kms. Na mesma distancia Angela Fraga rematou 5ª.
Ana Piñeiro tamén se impuso nos 3kms da carreira cadete feminina, seguida por Valería Fernández, 5ª, nunha proba que estivo protagonizada pola forte choiva.