LOPE QUINTEIRO CAMPION DE ESPAÑA INFANTIL

Valladolid, 4-5 de xuño de 2016

 

     As pistas do Rio Esgueva voltaron ser testemuña do «bo facer» dos infantis do Vila de Cangas.  Lope Quinteiro e Adrián Pastoriza disputaron un campionato que premiaba a versatilidade dos atletas, basado en catro triatlons. O gañador de cada triatlon sería o máis completo, polo tanto campión de España.


13315791_1729290484027187_4325261057125825689_n


     Lope partía moi ben situado no ranking, en 2º posto, pero no Campionato refrendou que era o mais completo dos infantis que disputaban o triatlon B. As marcas que o fixeron Campion de España foron 5.10 en lonxitude, 2:50,36 en 1000 m.l. e 39.46 en xavelina. A suma de 1598 ptos. deulle o triunfo.


IMG-20160605-WA0008


       Adrián tocoulle loitar no triatlon C. O sabado correu o 80 m.v. en 14.78 e saltou 4.27 en lonxitude. Completou a sua participación o domingo no salto de altura, 1.45.  a suma das probas, 943,  levouno o posto 23º.


FB_IMG_1464977476171


         PARABENS a estes fora de serie. De seguro que nos preparan outra en pouco tempo…por exemplo en Castellon o 18 e 19 de xuño.

Deja una respuesta