CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR BENXAMIN E COMBINADAS ALEVIN.

Pontevedra,  21 de maio de 2016

 

     Chegamos as pistas do CGTD de Pontevedra rodeados de triatletas que recoñecían o circuito da cidade. O noso era un triathlon algo máis modesto, neste caso para a categoría alevín. As tres probas eran 60 m.l., lonxitude e peso. Este Campionato foi paralelo ao CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR BENXAMIN. Ameazaba durante toda a maña coa choiva pero o final da xornada non nos mollamos. Os homes da categoría benxamín acadaron dúas medallas de prata mais un bronce. As mulleres conseguiron oito medallas, sendo Campionas en relevos 4×50, altura, peso e marcha. Os subcampionatos foron en peso, pelota e marcha. Salientar  o RECORD GALEGO acadado por Lara Iglesias nos 1000 metros marcha, cun tempo de 5:30.54.  E tamén o rexistro de Gema Dacosta en pelota, con 25,31 mts, mellorando tres metros o anterior record galego.


DSCN1308


     Aproveitouse para entregar os Trofeos do Campionato Provincial Escolar de Cross. Dificil esquecer aquela data en Baiona con lama, choiva e frio. A verdade que luciu máis hoxe a foto do equipo benxamín feminino coma primeiras naquela carreira.

     No triathlon alevín acadouse unha medalla de bronce da man de Denis Fernández, preto andivo Daniel Quinteiro, que rematou 4º, Manuel Roca 7º, Carlos López 11º e Yago Juncal 17º. As mulleres participantes foron Nuria Argibay 7ª, Carmen Castro 11ª e  Andrea Sotelo 17ª


DSCN1350


BENXAMIN HOMES:

  • RAUL RIAL,  2º 500 M.L. e  5º 50 m.l.
  • ANGEL GRAÑA,  4º 1000 m.l.
  • SERGIO VALLADARES,  2º lonxitude e 3º 50 m.l.
  • DIEGO ROCHA,  9º lonxitude
  • AARON PEREIRA,  10ª peso

DSCN1288

BENXAMIN MULLERES:

  • LUCIA GIL,  1ª relevos e 7ª 50 m.l.
  • LEIRE FONSECA,  1ª relevos e 6ª 500 m.l.
  • SARA NERGA,  5ª altura   e 6ª 1000 m.l.
  • GEMA DACOSTA, 1ª peso e 1ª pelota
  • LARA IGLESIAS,  1ª marcha  e 2ª pelota
  • NEREA MALVIDO,  1ª relevos e 9ª marcha
  • IRIS MALVIDO,  1ª relevos e 2ª marcha
  • NOA NERGA,  1ª altura e 2ª peso

DSCN1352

RESULTADOS


Deja una respuesta