VOLUNTARIOS TROFEO VILA DE CANGAS.

        Ante o gran número de inscritos, cousa que nos alegra, pedimos a colaboración de VOLUNTARIOS para o TROFEO VILA DE CANGAS. Imos precisar da vosa inestimable axuda para darlle celeridade a proba o vindeiro martes 17 de maio. A partir das 09:00 horas sería unha boa hora para quedar nas Pistas de Cangas.  Esta claro que isto é moi flexible, quen poida vir a outra hora tamén será benvido. 

       Gustarianos ter unha previsión da xente coa que podemos contar. Polo cal vos pedimos que confirmedes (via whatsapp, nos grupos do Club), ou a través do correo at.viladecangas@gmail.com. Non temos máis que agradecer a participación na proba e por suposto a xente que o fai posible. Contamos con vos, ata o martes!!!


PaulaArgibay_PaolaDeMontis_4x80_TrofeoCangas2014


Deja una respuesta