CONCENTRACION DE SALTOS EN PONTEVEDRA

     O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acollera durante o vindeiro sábado 9 de abrilCONCENTRACIÓN SALTOS.  A mesma dará cabida o sector de saltos horizontais e verticais.

     Por parte do Vila de Cangas foron convocados os seguintes atletas:  Ariadna Gil e Irene Menéndez en lonxitude cadete.  Para o triple salto xuvenil Saray Amoedo e Daniel Calvar.  Na pértega xuvenil a Daniel Armada e David Lorenzo. Por último no salto de altura  xuvenil a Alba Pazos.


CTypXPlWUAAbixa


     Non nos podemos queixar da representación. Esperemos logren concentrarse e saiban asimilar as ensinanzas. Este vai ser o PROGRAMA:

● 10:00  Incorporación, chegada de atletas e adestradores.
● 10:15  Presentación.
● 10:30  Inicio 1ª Xornada de adestramento.
● 12:30  Final de 1ª Xornada de adestramento.
● 13:30  Comida.
● 15:30  Charla Madó.
● 16:30  Inicio 2ª Xornada de adestramento.
● 18:30  Final de 2ª Xornada de adestramento.
● 18:45  Conclusións e despedida.


 

Deja una respuesta