CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN, ALEVIN E INFANTIL PISTA CUBERTA

A Coruña 5 de marzo de 2016

    Intensa xornada de atletismo que vivimos no Pazo dos Deportes de Riazor. Tres categorías culminaban a tempada de Pista Cuberta cun Campionato Galego onde se daban cita as mellores marcas nas diferentes disciplinas atléticas. 


carrera


     Preto de 30 amarel@s acadaron praza para participar no CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN, ALEVIN E INFANTIL  DE PISTA CUBERTA. Despois dunha longa xornada, iso si a cuberto, voltamos para Cangas con 12 medallas. Cinco de ouro, duas de prata e cinco de bronce, máis un record Galego no peso infantil.

     Na categoría benxamín homes estiveron Raul Rial que foi 5º tanto en 1000 m.l. coma no salto de lonxitude e Sergio Valladares que acadou o bronce na lonxitude. Nas mulleres participaron Gema Dacosta, que fixo doblete, Campiona en lanzamento de peso e bronce en lonxitude. Noa Nerga foi subcampiona en peso e en altura. Sara Nerga rematou en 1000 m.l. e 10ª en altura. Lara Iglesias en 1000 m.l. e 10ª en lonxitude.


benxaminMulleres


     Na categoría alevin homes Daniel Quinteiro foi 13º no 500 m.l. e na semifinal de 50 m.l. sen pasar a final, o mesmo lle pasou a Manuel Roca na súa quenda dos 50 m.l., no peso si que disputou a final acadando o posto. Denis Fernández foi bronce en 1000 m.l. e 10º en lonxitude. Carlos Menduiña rematou 12º nos 1000 m.l. Eloy Domínguez foi no lanzamento de peso. Nas mulleres destacar o Campionato Galego acadado por Erea Bastón en lanzamento de peso. Paula Amigo que rematou na lonxitude e Nuria Argibay 11ª en peso. 


erea


     O equipo infantil masculino aportou sete membros o Campionato. Jacobo Diaz rematou Campión Galego en salto de altura e pértega. Lope Quinteiro foi Campión en peso e Subcampión en 1000 m.l. Engadir o magnifico lanzamento de 12,53 mts. que supuso mellorar o RECORD GALEGO  no lanzamento de peso. Daniel Iglesias foi en triple salto e 13º en 1000 m.l. Adrián Pastoriza acadou o bronce en altura e en 50 m.v. Gabriel Dacosta,  4º en triple salto e en lonxitude. Pedro Verdeal rematou 13º en lonxitude.

     Nas mulleres da categoría infantil contamos con Ainoa Santos que foi bronce en peso e na semifinal dos 50 m.l. sen praza para a final. Maria Rial en triple salto en en 50 m.l. Colomba Carballal12ª no salto de altura e na semifinal dos 50 m.v. sen pase a final. Sabela López,  na pértega e Sara Mallo en 1000 m.l.


grupo


     Case sen tempo para dixerir o Campionato, o día seguinte en Balaidos disputabase a II Xornada de Pista Xogade para a categoría infantil. Sorte que son xovenes e vitaís.

RESULTADOS


Deja una respuesta