CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR PISTA CUBERTA.

A Coruña 27 de febreiro de 2016

    O pavillon de deportes de Riazor acolleu durante todala xornada do sábado 27CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR PISTA CUBERTA. Compre destacar que o concurso que abría a competición, a pertega xuvenil, foi un podio a medida do Vila de Cangas. Os tres caixons foron ocupados por amarelos, David Lorenzo con 3.35 , Daniel Calvar con 3.25 e Daniel Armada bronce con 3.05. A xornada de maña tamén deparou outra medalla de ouro, Alba Pazos gañou o salto de altura xuvenil con 1.44.


24710427913_b600688a4b_k

FotoA.Juncal-RC Celta


     Puideron acceder a final de 50 m.l. da categoría junior feminina Noelia Graña e Paula Martínez, con 7,07 e 7,27 respectivamente nas súas quendas. Na final Noelia Graña foi 5ª e Paula Martínez 6ª.


24709379283_4cbcaaf894_k

FotoA.Juncal-RC Celta


     A semifinal dos 50 m.l. xuvenil feminino contou con Iria Rodríguez rematando 4ª na serie con 7.53, Ana Fandiño tamén 4ª na súa con 7.69 e Paula Sotelo que foi 3ª con 7.50. Ningunha das tres pasou a final. Estivo máis preto Adrián Outeiral nos 200 m.l. xuvenil masculino, quen rematou 2º da serie con 24.98, sendo o primeiro tempo en quedar fora da final. Tamén disputou a semifinal dos 50 m.l. xuvenil masculino Daniel Armada rematando con 6.74, pero sin obter posto na final.


11694907_1220484434646027_2723253094424796712_n


   A primeira medalla da tarde chegou da mán de Saray Amoedo, quen con 10’85 gañou o concurso de triple salto xuvenil feminino. A piques estivo Noelia Graña que rematou 4ª na final dos 200 m.l. junior feminino. O mesmo posto acadou Dani Calvar no triple salto. Iria Rodríguez completou a sua participación cun 5º posto nos 400 m.l.  Ana Fandiño foi na pértega xuvenil.


24706735664_7f64585408_k

FotoA.Juncal-RC Celta


    Para rematar a crónica deixamos tres subcampionatos acadados por Patricia Torres no lanzamento de peso junior. Nos 50 m.v.  David Lorenzo na categoría xuvenil e Paula Martinez na mesma proba da categoría junior.


RESULTADOS


grupo


 

Deja una respuesta