CAMPIONATO PROVINCIAL CROSS XOGADE

Baiona, 13 de febreiro de 2016

 

     Celebrouse na praia da Ladeira en Sabaris o CAMPIONATO PROVINCIAL  DE CROSS do programa Xogade. A predicción metereoloxica daba choiva pero o día despertou sen ela. Despois si choveu durante toda a xornada. O percorrido era duro, cando non era lama era area, non había alternativa. En canto a loxistica non estivo a altura. Algún ainda esta buscando as duchas, e non estaría de máis unha carpa na liña de saída xa que ian estar os atletas 15 ou 20 minutos agardando baixo a choiva. Tomese todo isto como critica constructiva.


primera


     No tocante o meramente competitivo a xornada comezou coa carreira da categoría cadete.  Na carreira feminina Maria Rodriguez foi 15ª,  Verónica Núñez 26ª,  Sandra Souto 27ª, Maria Broncos 33ª e Isaura Framil 36ª. No computo por equipos acadaron o 6º posto.

     Para o campionato galego (alevín, infantil e cadete) clasificabanse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así como os 8 primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado aos atletas que chegaran a partir do 8º clasificado.

     O equipo cadete masculino obtivo a 3ª plaza con 25 puntos. Juan Piñeiro foi 10º, Alex Iglesias 13º, Aaron Dominguez 25º, Kevin Marcos 31º e Alex Camaño 34º.  


cadeteshomes

     O percorrido da categoría infantil feminino tivo un total de 1600 mts. A primeira amarela foi Sara Mallo 9ª, seguida por Sabela Lopez 18ª, Anais Santamaria 39ª, Colomba Carballal 43ª, Maria Rial 48ª e Ainoa Santos 56ª. O equipo rematou 5º con 96 ptos. Os homes remataron en 2º posto sumando 44 ptos.  Con esta actuación acadaron a clasificación para o Campionato Galego. Estiveron liderados por Lope Quinteiro que rematou 3º, Eduardo Parcero 17º, Jacobo Díaz 18º, Aaron Otero 19º, Adrian Pastoriza 22º, Anxo Camaño 31º, Ivan Iglesias 39º, Gabriel Dacosta 46º, Miguel Gallego 49º e Martiño Nuñez 53º.  O equipo «B» rematou en 8º posto sumando 111 ptos.


dani


     Na categoría alevín as mulleres remataron en 3º posto por equipos. Andrea Sotelo foi 9ª, Agata Rodriguez 23ª, Nicole Vazquez 29ª e Paula Nerga 43ª. Os homes acadaron o Campionato Provincial  por equipos coa contribución de Joel Curro que conseguiu o bronceDenis Fernandez 5º, Carlos Lopez 8º, Daniel Quinteiro 13º, Yago Juncal 19º e Carlos Corredoira 34º.


 FB_IMG_1455384871956


    Os benxamins tanto homes coma mulleres daban unha volta grande o circuito, 700 mts. A proba feminina daba o Campionato Provincial  a Lara Iglesias, gracias a ela e o resto das compoñentes do equipo, Sara Nerga 11ª, Lucia Gil 12ª, Noa Nerga 13ª, Gema Dacosta 14ª e  Iris Malvido 17ª. acadouse o Campionato Provincial  por equipos.  A representación masculina non deu para formar o equipo, cun mínimo de catro compoñentes,  rematando  Raul Rial 4º,  Juan Gallego 16º e Eloy Dominguez 54º.

RESULTADOS

Deja una respuesta