GRAN PREMIO CANTONES DE A CORUÑA. CIRCUITO JOSEFINA ROMERO.

A Coruña, 06 de xuño de 2015

 

Ten a súa fama ganada a pulso o G.P. Cantones de A Coruña. O mellorciño da marcha dase cita neste evento. De feito esta edición foi testigo dun record do mundo.  Seguro que os marchadores do Vila de Cangas algún día poderan contar que eles tamén estiveron alí. E precisamente non foron de paseo, en iso si que nos teñen mal acostumados. A benxamín,  Lara Iglesias foi segunda na proba de 1 km. Denis Fernández, na categoria alevín rematou 1º cun tempo de 10’35 para completar o percorrido de 2 kms. Jesús Guimerans, nos 3 kms.,  acadou o posto con 20’31. Na categoría infantil feminina participaron Ana Piñeiro que rematou 2ª, con 16’37 e Valería Fernández 4ª con 16’51. Salientar que con estas marcas superaban o seu ranking persoal en ruta.


D300S20150606-00046


As marchadoras da categoría Junior repartironse entre os 5kms, onde Esmeralda Corredoira foicon 28’45. e Mar Chillón que rematou 3ª nos 10 kms cun tempo de 50’51. Mención especial para Liu Hong que foi quen de acadar o RECORD DO MUNDO dos 20 kms. cun rexistro de 1.24.38 millorando o anterior record en posesión da rusa Yelena Yasmánova dende os Xogos Olímpicos de Londres de 2012.


jpg


 

 

Deja una respuesta