CROSS POPULAR CEIP. SAN ROQUE

Este domingo, día 7 de xuño, terá lugar unha nova edición do CROSS POPULAR CEIP. SAN ROQUE, evento organizado pola ANPA. San Roque e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar nos arredores do Colexio San Roque (Darbo), trascorrerá en horario de 10.30/13.00 h, e nel prevese a participación de máis de 350 atletas, achegados dende diferentes localidades e centros escolares da Comarca do Morrazo.

As categorías (masculina e feminina) serán: PITUFOS / PREBENXAMÍN / BENXAMÍN / ALEVÍN / INFANTIL / CADETE / POPULAR

Para unha información máis detallada: 650 689 741 (Mari Parcero – presidenta)


CROSS ESCOLAR EN SAN ROQUE COLEGIO


 

Deja una respuesta