CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS

Pobra do Caramiñal, 6 de marzo de 2010.

A xornada empezou coas mulleres alevíns, onde se proclamaron vencedoras por equipos as atletas do Vila de Cangas. Tanto Mª Jesús Corredoiras como Alba Vidal fixeron unha boa carreira, rematando en 5º e 6º lugar, respectivamente. A terceira do equipo, Noa García, tampouco tardou en chegar, entrando en 11º lugar. A puntuación completouna Saray Amoedo en 25º posición.
Os homes alevíns tivéronno máis difícil. Oss de AD Limia deron a sorpresa e proclamáronse campións seguidos dos do Val Miñor. O Vila de Cangas acadou o terceiro posto, sendo o primeiro do equipo en chegar David Lorenzo (7º), seguido de Jorge Piñeiro (11º), Adrián Outeiral (21º) e Martín Souto (38º).
Entre os infantiles non tiñamos ningún atleta, pero sí os nosos filiais do Suárez Marquiér, sendo o máis destacado Javier Costas, que acadou o 15º posto.

En canto ás cadetes, notouse a ausencia de mar Chillón (concentrada coa selección en Ibiza). O equipo non pudo superar o 5º posto, puntuando para iso Patricia Abal (15ª), María Jesús Novo (16ª) e Aida Amoedo (32ª).
Sen dúbida, a carreira máis emocionante foi a dos cadetes homes. Sabían que os cinco primeiros atletas en chegar a meta conseguirían o pase directo para formar parte da selección galega. Jesús Parcero era un claro favorito para ser un dos escollidos e non nos defraudou, acadando a medalla de bronce e, polo tanto, o pasaporte para Albacete o 28 de marzo. Pero si a alguén hai que felicitar é a Tomás Ocaña, que, a pesar da súa curta experiencia no atletismo, conseguiu tamén o equipamento da selección entrando nun 4º posto. Tampouco foi nada despreciable a actuación de ántón Menuiña, quen entrou 8º.
Como non podía ser doutro modo, o equipo de cadetes masculino recibiu o título de campión galego por equipos.
Os do Suárez Marquier quedaron séptimos.

Deja una respuesta