PRESENTACION TEMPADA 2014/15

Cangas a 22 de novembro de 2014

Como xa é tradición o mes de novembro acolle a presentación da nova tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Este ano tamén se pretendía recordar e celebrar os 20 anos de existencia do Club, os seus inicios ligados ao Club de Remo e as vivencias dalgún atleta, adestrador ou directivo que foron e son testemuñas da historia do Vila.
O que  xa esta instaurado son os pinchos para rematar a presentación, sobre as 17.00 horas a contorna do Concello xa empezaba a ter unha mestura de olores culinarios que facían sospeitar cal ía ser a guinda do acto.
Houbo ata retornos como o de Maria Gestido, quen volve para reforzar ese magnífico equipo feminino, que tantas alegrías nos está a dar ultimamente. Sorte nesa nova andaina e benvida de novo.
Unha vez dentro do Salon de Plenos ímonos dando conta de que case non cabemos, de que particularmente este ano hai moitos nenos novos. Van desfilando as categorías para sacar as fotos dos equipos. A tradicional foto de grupo sacámola na praza do Concello aproveitando un respiro que nos dá a chuvia.
Cando todos os equipos remataron a sesión de fotos prodúcese unha planeada homenaxe, con tarta incluída, a Mari e a Calvar. Púxose bastante emotiva a cousa, non é para menos. A quen lle amarga un doce, e sempre é bo ter un momento para poder agradecer moitas cousas e este era o momento de Mari e Calvar.
Da tarta non quedou nada, esperemos que o recoñecemento dure máis. Xa dixemos que o Salón se nos quedou pequeno se a iso lle sumamos a media de idade dos nosos atletas, estaba claro que a charla-coloquio non se podía dilatar moito, e así foi breve, clara e concisa. Estaba preparado no piso de arriba o superpincho estilo «Bueu», cada un leva ou seu, que unha vez emplatado e distribuído non tiña nada que envexar aos caterings profesionais.
Tanta présa tivo a xente en subir que algún se esqueceu a revista n.º 19, xa sabedes se vos pasou o empacho e a queredes, podedes pedila. Vémonos nas Pistas.

Deja una respuesta