X TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

Cangas 03 de maio de 2014.

A ponte de maio foi aproveitada para a disputa o sábado do X Trofeo Vila de Cangas. Por fín se pode decir que luciu o sol. Unha cousa leva a outra, o nivel de participación foi alto. Se pode achacar a alta participación os retrasos nas probas, pero máis ben foi cousa de loxistica. Levase tempo pedindo a Federación, a través dos xuices, o reparto dos dorsais por Clubes.  De ahí viu gran parte do retraso, que houbo que repartilos de manera individual, se a iso lle engadimos alguna modificación no horario. Con isto se trata de explicar a mañan caotica que se viviu nas Pistas de Atletismo de Cangas.

Xa no ámbito deportivo a maña foi todo un éxito, tanto a nivel participativo como tamén nas marcas acadadas. As sempre participativas probas de velocidade na categoría benxamín deron inicio a xornada con 50 m.l.  Para os alevíns a proba de velocidade é de 60 m.l. O resto das probas foron os 150 m.l. para os infantis,  1000 m.l. para as categorías de benxamín a cadete. En canto a categoría absoluta a proba raiña do medio fondo foi gañada polo atleta portugués Helio Gomes cun tempo de 3:54:04. Nos concurso para homes disputouse a pértiga, lonxitude, xabalina, peso e disco. As probas das mulleres sumaron as anteriores os relevos de 4X 80 e 4X100 m.l. a primeira para a categoría infantil. Tamen contamos nos 1500  m.l. con outra ilustre portuguesa, canguesa de adopción, Solange Pereira quen realizou a marca da tempada con 4:17:24. En resumo unha boa competición tanto para grandes coma pequenos, esperemos que perdure no tempo e poida ter continuidade.

Deja una respuesta