CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Sábado 1 Febreiro 2014

Por segundo ano consecutivo, voltamos ao circuíto de Aldán, pero esta vez o campionato foi pola tarde e novamente con previsión de mal tempo. Algo que neste inverno ven sendo normal, e que pode repercutir nas marcas. Como pasara o ano pasado, que a chegada dos 5 km foi a máis lenta en toda a historia do atletismo, xa que a forte racha de vento que se levantou, facía que os atletas avanzaran a cámara moi lenta.

A primeira carreira foi os 3 km dos alevíns e infantiles onde se lograron 6 medallas. A primeira atleta do noso club en pasar pola meta foi Valeria Fernández, que se proclamou subcampiona galega infantil. Tras ela chegaban os novos campión galegos dos alevíns, Ana Piñeiro e Teo Iglesias. Seguíaos Suso Guimeráns quen foi bronce infantil. E para completar o podio dos homes alevíns, que se encheu de amarelo, os seguintes en entrar en meta foron Gabriel Dacosta e Miguel Gallego. Pero entre eles, pasaron pola meta dúas mulleres, Irene Menéndez, quen tivo un moi bo estreo, e Ainoa Santos. A orde dos seguintes en completar a carreira  foi Sabela López, Lucía Riobó, Ines Pardavila e Mar Guimeráns.

Os 5 km foi a seguinte carreira onde Noa García, que foi 5ª, obtivo a praza para ser compoñente da selección galega de marcha, que competirá o 16 de este mes en Murcia no campionato de España. Ana Fandiño nos seus primeiros 5km, non parou de loitar ata pasar pola meta, sendo 9ª.

Tras estas dúas carreira foi o turno dos máis cativos, os  benxamíns. So competimos con 2 atletas e ambos fixeron tan ben que subiron o podio. Denís Fernández impuxo un bo ritmo de carreira e deixou a todos atrás para proclamarse campión galego. Katia González non se rendeu e obtivo o titulo de subcampiona galega.

Os 10 km é a carreira na que se premia a orde de chegada (absoluta) e por categorías. E aquí é onde Mar Chillón logrou dúas merecidísimas medallas e os títulos de campiona galega absoluta e campiona galega xunior e por si fora pouco, tamén formará parte da selección galega. Esmeralda Corredoira, que tamén competía nesta carreira, chegou 6ª, pero logrou a marca mínima que lle permite participar no campionato de España pero de maneira individual, lucindo os colores do Vila de Cangas.

Os resultados deste campionato foron 10 medallas: 5 ouros, 3 pratas e dous bronces, dúas compoñentes da selección galega que participaran no campionato de España e unha que o fará de forma individual. Por certo, o tempo comportouse e non causou estragos.

Resultados Aldan marcha ruta 2014

Benjamín: 1º Denis Fernández

2ª Katia González

Alevín:  1º Teo iglesias

2º Gabriel Dacosta

3º Miguel Gallego

1ª Ana Piñeiro

5ª Ainoa Santos

7ª Sabela López

8ª Lucía Riobó

9ª Inés Pardavila

10ª Mar Guimeráns

Infantil: 3º Jesús Guimeráns

2ª Valeria Fernandez

4ª Irene Medendez

Cadete: 5ª Noa García

9ª Ana Fandiño

Xuvenil-Xunior: 1ª Mar Chillón e 1ª absoluta

6ª Esmeralda Corredoira

 

Deja una respuesta