PRESENTACION TEMPADA 2013/14

Cangas a 16 de novembro de 2013

 

Sabado de tarde arredor das 17:00 horas tiñan unha cita os atletas do Vila de Cangas no Concello para a sua presentación pública. Como outros anos o programa incluía a partires das 17:30 horas unha sesión fotográfica dos equipos comenzando polas categorías menores e remantando cos nosos ilustres veteranos.  En total máis de 200 atletas, cada cual cun obxetivo pero todos cunha mesma meta, desfrutar do atletismo. A foto desta gran familia formalizouse na praza do Concello de Cangas, Autoridades e outros invitados nos acompañaron .

Na sala de Plenos do Concello desenrolouse o acto central da Presentación coa presencia do Alcalde e do Presidente da Fundación Cangas Deporte, representantes da Delegación de Atletismo de Vigo e do Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Como ven sendo tradición invitamos a dous atletas que gustosamente accederon a mesma e nos deleitaron coas suas vivencias no atletismo, gracias a David Gómez e Belen Lemat.

A gran familia non estaba completa sen o grupo de entrenadores que desinteresadamente se afanan no día a día dos adestramentos e demáis traballos que lles acarrea a súa labor.

A xunta directiva, como parte implicada, tamén merece a sua mención  e polo menos unha bonita foto nos levamos de recordo. Unha vez postos a presentar os nosos respetos non queríamos esquecernos de país/nais e demais socios simpatizantes da Entidade.

A Charla coloquio foi fluida e deu lugar o debate, esa era a idea. Esta claro que David Gómez e Belén Lemat tiñan vivencias para amosar a grandeza do atletismo. Nos tamén fomos dignos receptores desas vivencias, e participamos na charla de maneira animada e constructiva.  Este ano tuvemos unha charla dun nutricioncita que nos axudou a levar unha dieta máis sana e acorde coa actividade deportiva.

A verdade que ese día nos saltamos as directrices do nutricionista, xa que para pechar o acto nos pusemos as botas coas delicias, que cada un de nos aportou.  Non faltaba de nada e serviu de guinda para a presentación, como toda celebración que se precie rematou comendo e bebendo.

Deja una respuesta