CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS CADETE E XUVENIL-XUNIOR

Lugo, sábado, 14 setembro 2013

Ó non haber moitos equipos inscritos, a organización adaptou os horarios e as probas para que este campionato se fixera nunha única xornada e non todo o día.  Grazas a isto non tivemos que madrugar.  A saída do bus foi sobre as 11 da mañá, para ter tempo de comer e reposar a comida antes da competición.

O Vila de cangas acudiu a proba con dous equipos femininos, un de cada categoría. Tamén participou na proba Pablo Castro pero co Celta, xa que non temos os rapaces suficientes para facer un equipo ou para cubrir as probas que nos permita participar. Isto pasou coas rapazas, os dous equipos non ían completos, as cadetes eran 13 e quedaron 4 probas sen cubrir. As xuvenil-xunior eran 14 e quedaron 5 probas sen cubrir, unha por non chegar a tempo a cámara de chamadas.

O ambiente era moi cordial, mais que unha competición era un reencontro entre amizades. As probas transcorreron con normalidade. O tempo tamén foi bo, xa que non fixo demasiada calor e incluso chegou a poallar en algunhas probas. Unha das probas que teñen máis expectativa son os relevos e as nosas atletas fixérono moi ben. As cadetes  Inés – Paula – Noelia – Martina foron primeiras no 4×100 e   Noa R – Lucía – Ainoa – Eva foron segundas nos 4×300. As xuveniles-xunior Aida- Ainara – María – Iria foron primeiras nos 4×400 e Estela – Sara – Alexia – Carla terceiras nos 4×100.

Nas mulleres había tres equipos en cada categoría, na categoría cadete eliminaron a un por non cubrir o número suficiente de probas, pero non influía no resultado final xa que ía terceiro e había moita diferenza de puntos. O Vila foi segundo con 21 puntos.  Nas xuvenil-xunior fomos terceiras con 31 puntos, a 3 do subcampión. A 2 si se cubrira os 1500 m.l, e seríamos subcampións si se cubriran 4 de esas 5 probas que non se cubriron.

E nisto básanse as probas de equipo, en que todos aportan o seu gran de area. Todos contan, todos son importantes e reforzan o equipo, nunca o olvides.

 

RESULTADOS

EQUIPO CAEDETE: Subcampión galego (21 puntos)

Postos alcanzados na súa proba:

1ª: Noa Rouco -300 m.l. … Paula Martínez – 100 m.v… Noelia Graña – altura … Eva Piñel – triplo salto … Noa García – 3km marcha…relevo 4×100 (Ines – Paula – Noelia – Martina)

2ª: Inés Piñel – 100 m.l. …Ainoa Fernandez – 600m.l. … Lucía Piedras – 1000 m.l. … Sara Pastoriza – 3000 m.l. …Martina Paramos – pértega … Patri Torres – peso … Andrea Conde – disco … Abril Fernández – martelo … relevos 4×300 (Noa R – Lucía – Ainoa – Eva)

No se cubrieron 1500 obstáculos – 300 m.v. – lonxitude y xavelina

 

EQUIPO XUVENIL – XUNIOR: 3º CLASIFICADO (31 PUNTOS)

Postos alcanzados na súa proba:

1ª: Aida Amoedo – 400m.l. …Raquel Villa – peso … Carla Bernárdez – disco …Talía García – xavalina … Mar Chillón – 3 km marcha … Relevos 4×400 (Aida- Ainara – María – Iria)

2ª: Ana Antepazo – 200 m.l. … Ainara Rodriguez – 2000 obstáculos – María Novo 400 m.v. … Alexia Vidal …altura

3ª: Estela Costas – 100 m.l. … Iria Piedras – 800 m.l. …Esmeralda Corredoira – 3000 m.l. … Sara Villar – 100 m.l. … Relevos 4x 100 (Estela – Sara – Alexia – Carla)

No se cubriron las probas de 1500 m.l. – lonxitude – pértega – triplo – martelo. Quedamos a 3 puntos do subcampión galego

Deja una respuesta