CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR INFANTIL

Despois de tanto baile de datas e de lugares, este campionato rematou celebrándose en Lugo o domingo 31 de maio. Como a distancia que nos separa de Lugo nos daba dereito a solicitar a pernocta no lugar de destino, xa marchamos o sábado e pasamos a noite en Lugo.

En canto ao transcurso de proba, todo foi bastante ben, segundo o horario establecido. Cabe indicar a falta de acordo ou de un criterio unificado entre os xuíces que estaban en Lugo e os xuíces que colaboraron no provincial de Pontevedra, en Vilagarcía. Dicimos isto porque en Vilagarcía, pese a haber rapaces clasificados con unha marca de 7.99 en triplo, non se puxo outra táboa que non estivese a oito metros, o que implicou que só dúas atletas chegaran ata a area, mentres que en Lugo, no campionato galego; é dicir, nunha proba que se supón de máis nivel, poñen dúas táboas: unha a oito metros e outra a seis metros.
En canto os resultados, non foron malos, aínda que os esperabamos mellores. Os mellores resultados acadámolos nos lanzamentos, onde descubrimos a unha Talía con moito futuro no disco, por non falar dos moi merecidos ouros de Raquel, Pablo, Antía e Mauro no peso e xavelina.

Os saltos resistíronselles aos atletas que representaban ao noso club. En canto as carreiras, foi moi ben os 500 dos homes con Tinín e Rubén con prata e bronce respectivamente. Aida non se atopou ben e non se presentou nos 500 das mulleres, mentres que acadou o segundo posto nos 150 m.l. Tampouco nos defraudou a actuación de Mar na marcha, que se proclamou subcampiona. Jesús non tivo o seu mellos día e so consiguiu a medalla de bronce nos 3.000 m.l.

Homes:
Rubén Lorenzo Germade: Medalla de bronce en 500 m.l. e 5º en 150 m.l.
Faustino Maquieira Outeda: Subcampión galego de 500 m.l., 4º en triplo e 7º en 150 m.l.
Jesús Parcero Ríos: medalla de bronce en 3000 m.l. e 8º en altura
Pablo Castro Chapela: campión galego en peso, medalla de bronce en martelo e 5º en disco
Mauro Rodal Lorenzo: Campión galego de xavelina, 4º en peso e 5º en martelo
Mulleres
Aida Amoedo Portabales: subcampiona galega de 150 m.l.
Mar Chillón Camaño: Subcampiona galega de marcha, 13ª en 150 m.l.
Patricia Abal Herbello: 9ª en 1.000 m.l. e 17ª en 150 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: 5ª en 3.000 m.l., 5ª en triplo e 9ª en lonxitude
Alicia Dacruz Domínguez: 8º en 80 m.v. e 12ª en 220 m.v.
Iria Piedras Gómez: 6ª en marcha e 9ª en peso
Raquel Villa Carracelas: campiona galega de peso e 4ª en martelo
Antía Roman Sotelo: Campiona galega de xavelina, 4ª en peso
Talía García Prieto: Subcampiona galega de disco, 5ª en peso e 5ª en xavelina
Raisa Piñeiro Herbello: 6ª en xavelina

Deja una respuesta