CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE PISTA Ó AIRE LIBRE

Lugo, 25 de maio de 2013.
O pasado sábado 25 de Maio tivo lugar nas pistas universitarias de Lugo o Campionato galego Infantil en pista aire libre en xornada de tarde.
A hora de saída, prevista para as 12:00 (moi a noso pesar) foi cambiada polo Deporte Escolar no día anterior para as 12:15, cousa que non sentou nada ben entre as nosas filas, xa que a chegada a Lugo prevíase moi xusta, sen tempo para que os nosos atletas comeran con calma nin antes de saír nin despois de chegar, pois algúns comezaban as súas probas as 16:00 h.
Finalmente, despois de ir recollendo ós atletas doutros clubs, a chegada a Lugo produciuse ó redor das 15:30 horas. Había un frío que pelaba a pesar de que lucía un sol espléndido, pero quecemos cós apuros: corre a recoller os dorsais para entregar ós atletas, corre a buscar os bocadillos para que os rapaces que non tiñan probas naquel momento puideran comer algo (xa que o deron), corre a cámara de chamadas para confirmar probas e veña a quentar que tocaba competir cediño.
16:00 comezan as probas e a maquinaria ponse en marcha. O nivel é moi alto, xa que só están aquí os mellores de toda Galicia, e por suposto os nosos atletas non defraudaron. Dez medallas de 16 posibles non estivo nada mal, houbo quen trouxo tres, e houbo que non trouxo ningunha, pero non son para desmerecer os que viñeron de veleiro, pois chegar a un campionato galego non e nada doado. Temos que felicitar a todos os nosos atletas polos seus esforzos, tanto os que lles deron froito como os que non tiveron tanta sorte.
A tarde transcorreu como en calquera competición : con moito retraso, sobre todo nas probas de lanzamentos e saltos, pero iso xa non nos colle por sorpresa, algo moi habitual.
21:30 rematamos a recollida de medallas e finalmente arrancamos deixando atrás unha tarde chea de emocións e unha cidade na que o vento frío conxelaba ata as malas ideas.

Relación de atletas e os seus postos:
María Jesús Corredoira: 6ª en 80 m.l. súa serie, 4ª en 1000 m.l.
Saray Amoedo Portabales: 11ª en 500, 4ª en salto de lonxitude, 2ª en triple salto
Alba Vidal Soliño: 7ª en 3000 m.l.
Juan Piñeiro Piñeiro: 12º en 3000 m.l.
Daniel Armada: 5º en 80 metros valados na súa serie, 5º en 220 metros valados na súa serie, 3º en salto con pértega.
David Lorenzo Germade: 1º en salto con pértega, 1º en 80 metros valados, 3º en salto de altura.
Iria Rodríguez Teijeiro: 11ª en 3 km marcha.
Daniel Calvar Parada: 3º en triple salto, 5º en lanzameto de disco 800grs.
Raúl Barreiro Prieto: 8º en peso 3 kg, 13º en lanzamento de disco, 6º en lanzamento de martelo 3kg.
Nerea García Glez.: 3ª en lanzamento de disco 800 grs
Carlos Pérez Bacelar: 1º en lanzamento de xabalina 500 grs.
Paula Santos Gil:2ª en lanzamento de xabalina 400 grs.
Ana Fandiño Rodríguez: 11ª en lanzamento de martelo 3kg.
Isaura Framil Amorín: 2ª en 3000 ml
Mauro Maquiera 12 en pe3kg, 5 en xabalina 500s

Deja una respuesta