CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Aldán  10 Febreiro 2013

Na mañá do campionato, ameazaba con caer moita chuvia e dende logo caiu con ganas, tanto que nalgúns momentos, xunto  co vento, impediu que se podese marchar .  Tamén impediu  disfrutar do novo circuito,  pero os do Vila de Cangas disfrutamos ó mirar as carreiras de 2 e 3 km, cheas de nenos vestidos de amarelo.

Cando fomos a montalo circuito, as oito da mañá, chovía con forza e máis ía algo de vento, pero pensábamos que mellor que descargara nese intre, que facelo cando estiveran os rapaces marchando. E así foi, co pasar das horas, a chuvia calmouse e chegou a escampar.

O muelle de Aldán e as cercanías da nave de piragüismo encheuse de atletas, familiares, e curiosos que viñan mirar que era iso da marcha. Tamén estaban  Jose E. Sotelo, alcalde de Cangas, e Isidoro Hornillos, presidente da federación galega.

 A primeira carreira foi as 11 e nela competían os infantiles e alevíns facendo 3 km e a chuvia quiso ser novamente protagonista, polo que comezou a chover coincidindo co pistoletazo de saída, e podese decir que practicamente non parou de chover en todala maña, con máis ou menos intensidade. Nesta carreira participaron 13 atletas do Vila e 5 obtiveron pódium.

A primeira en chegar foi Valeria F. que se proclamou a nova campiona galega das alevíns seguida por  Ana P. que foi a subcampiona e tras ela o subcampeón Andrés O.  Suso Guimeráns foi o subcampeón dos alevíns e Gabriel Dacosta o bronce. A orde de chegada foi Valeria, Ana, Andrés, Suso, Gabriel, Ana, Iria, Isaura, Lope, Ainoa, Anira, Lois e Laura

A seguinte carreira foi os 5Km  na que participaba Noa G. por primeira vez. Si na anterior carreira a chuvia quiso estar presente, nesta o vento presentouse case dende o principio, tirando vallas.  Canto máis cerca estaban os atletas de terminar a carreira, o tempo poñíase máis enfurecido. Tanto é así, que nos últimos metros levantouse unha especie de furacan  que derribou todo, rompendo paraguas e impedindo que os atletas puderan marchar, xa que os empuxaba con moita forza para atrás. Noa foi 5ª e como descubreu días máis tarde, foi convocada para formar parte da selección galega de marcha.

Nos 2 km, seis atletas do Vila competiron, e os seis  subiron o pódium. Teo I. e Denis F., os máis veteráns, foron o campión e subcampeón. Tras eles chegaron todos os novos, que tiveron un bo estreno. O seguinte foi Miguel G., bronce e tras él o pódium das nenas Sara M. e Katia G. chegaron casi a par, pero a posición máis adiantada do corpo de Sara, fixo que se proclamara campiona e Katia subcampiona. Mar  foi o bronce

Xa co tempo demasiado revolto, deuse a saída á carreira absoluta dos 10 Km, nos que participaban Mar C. e Esmeralda C. Mar foi a 3ª no pódium absoluto e a Campiona  no xuvenil. Foi unha mágoa que o tempo atmosférico impedira que mellorara o súa marca. Mar tamén está convocada para ir coa selección galega. Esmeralda empezou a carreira con boas intencións pero cos ánimos moi baixos e tras dar varias voltas pensou que non ía ser capaz de chegar, pero os ánimos de tódolos que estabamos alí , déronlle as forzas necesarias para estar marchando durante 1:11:20.

 Noraboa campións!!

Deja una respuesta