MEMORIAL BELARMINO ALONSO

O pasado 25 de Novembro amenceu cun fermoso día, despois de case unha semana de choiva. Hai que dicir que debido a toda esa choiva caída, o trazado estaba moi esbaradizo, había moita lama e o frío procedente do río non axudaban nada ós atletas.
Tocou madrugar para aqueles dos nosos valentes que decidiron ir competir no duro trazado do Memorial Belarmino Alonso.
Os máis madrugadores foron os xuvenís, júnior e demais categorías maiores. Temos que destacar a gran actuación de Tomás, xa que sempre demostra sobre calquera trazado que é un moi bo fondista, xa que quedou primeiro na súa categoría.
En mulleres hai que dicir que Iria Piedras foi chegar e besar o santo, xa que no momento en que estaba a baixar do coche, a súa chegada o circuíto, xa as súas compañeiras de categoría estaban listas para a saída. En menos de nada desfíxose do chándal e sen quentar situouse na liña de saída. Aínda que a carreira se lle fixo moi longa, debido o non ter quentado conseguiu un moi merecido 5º posto.
Xa na categoría cadete masculino destacamos tamén o 5º posto de Eloy, pois aínda que saíu moi ben e estibo en cabeza gran parte da carreira un forte tirón muscular e un escordamento no nocello dereito relevárono ata o posto antes mencionado. Martín Souto foi o outro cadete que participou na proba, aínda que o seu posto non foi tan destacado como o do seu compañeiro, acabou 12º e pelexou durante toda a carreira. En mulleres Lucía Piedras esforzouse todo o que puido nun circuíto xa moi castigado polas outras carreiras o que a fixo caer nun par de ocasións, e finalmente clasificouse de 10ª.
En infantil feminino a saída retrasouse algo máis do previsto por queixas doutro equipo que non estaba de acordo en que puxeran as súas atletas na segunda fileira de saída( pois eran preto de 50 corredoras) xa que segundo palabras da súa entrenadora, era unha desventaxa para as rapazas. Finalmente e para que as atletas non se “conxelaran”, mentres entrenadora e xuíces discutían, decidiron que saíran todas na mesma fila, polo que non foi de estrañar que se formara un tapón considerable. A nosa representante Alba Vidal loitou toda a carreira polo segundo posto ata que nun momento do trazado a lama decidiu quedar con un dos seus tenis de clavos, polo que finalmente chegou a meta 5ª con unha sola zapatilla e o pé conxelado.
Xa na última carreira, alevín feminino, Sandra Souto tamén pelexou coas súas contrincantes, coa lama do percorrido e con unha forte dor no lumbago. Aínda que tamén tentou conseguir o segundo posto finalmente acabou 5ª. Temos que recoñecer que foi o día dos 5ºs postos, pero dende logo non foi porque non loitaran como auténticos campións todos eles.
Datos curiosos que sucederon durante o transcurso da proba:
A Lucía Piedras case non a deixan correr, pois segundo a organización do evento, estaba prohibido levar publicidade nas camisetas que se utilizaban para correr. Ao igual que Lucía tiveron o mesmo problema outros dous clubes, pero neste caso a protesta da organización xa raiaba o ridículo, pois a única publicidade que tiñan eran os logotipos dos seus correspondentes equipos. Finalmente “solucionaron” o problema tapando todas as publicidades e logotipos con esparadrapo. Iso si que foi algo digno de ver.
E por último cando tocou ir recoller os trofeos Iria non se atopaba no circuíto, xa que aproveitara para se ir duchar, así que foi a súa nai recoller o seu premio. O encargado de entregalo quedouse mirando para ela moi fixamente e con curiosidade preguntou: “¿Ti non es Iría Piedras?, e que se che ve moi maior para a túa categoría”. Despois de aclarado o asunto e entre risas Silvia recolleu o trofeo que lle correspondía por dereito a Iria.
(CARMEN SOLIÑO)

Deja una respuesta