PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Xixón, 22 de setembro de 2012
As atletas cadete feminino do Vila de Cangas viaxaron o pasado Sábado 22 de setembro a Xixón, para competir na Previa de España xunto ao outro equipo galego, Lucus Caixa Rural Galega. Este campionato de España por equipos constaba de 3 previas, unha en Xixón, outra en Motril e a terceira en Barcelona. Soamente pasaban a final os 7 mellores equipos de España entre todas as previas. As atletas canguesas acadaron 9.929 puntos e conseguiron o 5º posto. Varias atletas conseguiron mellorar marca da tempada. A vitoria do Vila de Cangas foi para Johana Villar en martelo (36,14 metros), o segundo posto para Alexia Vidal en altura (1,54 metros) e Esmeralda Corredoira en 3 kilómetros marcha, o tercer posto para Ana Antepazo en 300 metros (46,60), Noelia Graña en triplo salto (9,89) e Carla Bernardez en disco (23,04). Acadaron a cuarta posición Noa Rouco en 600 metros (1:45.59) e Patricia Torres no peso (9.98), o quinto lugar foi para Estela Costas en 100 metros (14,69), Lucía Piedras en 1.500 obstáculos (6:37.49) e para Sara Pastoriza en Xavelina (19.83), o sexto posto lográrono Sofía Rodríguez en 1.000 metros (3:40.68), Julia Alonso en 3.000 metros( 14:34.35), Sara Villar en 300 metros vallas (52.93) e Eva Piñel na lonxitude ( 4.18). Paula Martinez conseguiu a sétima posición en 100 metros vallas tras caer na metade da carreira cunha marca de 20.58. No relevo de 4×100 lograron a sexta posición e no 4×300 un cuarto posto. Ese día era aínda máis especial para Alexia Vidal, que ademais de facer unha gran actuación estaba de aniversario, pero o que ela non sabía era que as súas compañeiras e amigas lle tiñan un agasallo. Ao acabar todas as probas, aos seis primeiros equipos déronlle un trofeo, que o tiña que recoller o adestrador de cada club, e todas as atletas excepto tres foron correndo a xunto Fran para contemplar o trofeo que conseguiran entre todas. Estas tres atletas, Sara Villar, Noa Rouco e Johana Villar subiron para as gradas a coller o agasallo de Alexia. Mentres llo entregaban todas as gradas cantaban “Cumpleaños Feliz”. Estas rapazas de 14 e 15 anos son unhas das máis afortunadas de todo Galicia por participar nun evento de tal importancia co seu equipo. Unha sensación única chea de nervios e satisfación, e… aínda que non pasaran a final, para nos seguen sendo as mellores.

JOHANA VILLAR

Deja una respuesta