SUCESO: ADESTRADOR DO VILA DE CANGAS ACOSADO POLAS SÚAS ATLETAS

As atletas do Club Atletismo Vila de Cangas realizaron unha espectacular caza e captura do adestrador Fran Rodal Abal nas pistas de atletismo de O Barco de Valdeorras.
O operativo atlético foi levado a cabo a tardiña do oito de setembro polas atletas da categoría cadete e coa necesaria complicidade das atletas da categoría xuvenil-xunior.
Segundo as fontes ás que tivo acceso esta redacción, é posible que este despregue tivera lugar debido a que F.R.A. sometera durante semanas ás atletas do Vila de Cangas a duros adestramentos en plena tempada estival. Todo isto, xunto con que o campionato galego por equipos cadete e xuvenil-xunior cadrara coas festas de Darbo e que o adestrador mostrara a súa oposición a que as mozas se meteran na “ría” unha vez finalizada a proba para non retrasar o regreso a Cangas,provocou que se xerase este macabro plan.
As acusadas piden que se teña en conta o atenuante de perderse as devanditas festas e o madrugón que se tiveron que dar para chegar ata a outra punta de Galicia a tempo de competir. Igualmente, alegan que a tensión sufrida na competición foi máxima: nun momento ían primeiras; noutro últimas; cambios de última hora nas probas das atletas por non estar clara a circular do regulamento; a descalificación do relevo de 4×100 …
Aproximadamente ás oito da tarde anunciase por megafonía que o Vila de Cangas era campión galego na categoría cadete feminina e medalla de bronce na categoría xuvenil-xunior feminina. A “piña” amarela subiu eufórica ós seus respectivos caixóns e recolleron os trofeos sen que ninguén puidera presaxiar o que se estaba cocendo nesas mentes perversas.
Acto seguido, ante o estupor das atletas que competían por primeira vez có equipo: Laura Vidal, Eva Piñel e Sofía Rodríguez, as amarelas dirixíronse coa celeridade dos 100 m.l. a abordar ó seu adestrador, sen que as súas suplicas serviran para máis que para deixarlle sacar o calzado. Sabía que estaba perdido e sería mellor non resistirse. Foi levado en volandas ata a “ría” onde foi lanzado nunha auga moi mollada.
Estes actos rebeldes poden ter connotacións a nivel nacional, pois o vindeiro 22 de setembro as cadetes irán competir a Gijón no campionato de España.
¡Que Deus colla confesado a Fran e benvidas ás novas atletas!


RESULTADOS:
Xuvenil-xunior:
Noelia Cousiño Camaño: 3º en 100 m.l. e 3ª en pértega
Laura Vidal Paz: 3º en 200 m.l. e 3ª en lonxitude
Aida Amoedo Portabales: 2º nos 400 m.l.
Patricia Abal Herbello: 3º nos 800 m.l.
Iria Piedras Gómez: 3º en 1500 m.l.
Ainara Rodríguez Nogueira: 2º en 3000 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: 1ª en 400 m.v. e 3ª en triplo
Ana Bermúdez Méndez: 3ª en obstáculos
Mar Chillón Camaño: 1ª en marcha
Raquel Villa Carracelas: 1ª en peso e 2ª en martelo
Talía García Prieto: 2ª en disco e 2ª en xavelina
Cadete:
Estela Costas Gadón: 2ª en 100 m.l.
Ana Antepazo Regueira: 3ª en 300 m.l.
Noa Rouco Baqueiro: 1ª en 600 m.l.
Julia Alonso Bacelar: 3ª en 3000 m.l.
Paula Martínez Fernández: 3ª en 100 m.v.
Sara Villar Millán: 3ª en 300 m.v.
Lucía Piedras Gómez: 1ª en obstáculos
Esmeralda Corredoira Herbello: 1ª en marcha
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura e 1ª en lonxitude
Eva Piñel Lorenzo: 2ª en triplo
Sofía Rodríguez de la Santísima Trinidad: (lesionouse antes de correr o 1000 m.l.)
Noelia Graña Casas: 2º en pértega
Patricia Torres Ferradás: 1ª en peso
Carla Bernárdez Miranda: 1ª en disco
Sara Pastoriza Vilas: 2ª en xavalina
Johana Villar Parada: 1ª en martelo
2ª en relevos de 4×300 ( Lucía Eva, Estela e Ana) e descalificadas no 4×100

Deja una respuesta