CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA

Con isto de que as idades nas categorías federadas son diferentes que as escolares, os nosos infantís de segundo ano ou cadetes de primeiro ano, atopáronse con unha dobre competición nesta fin de semana. Así, o domingo desprazámonos ata A Coruña, pero coa plantilla un pouco mermada polas lesións dos atletas ou, mellor dito, das atletas. Aida, Iria, María e Sandra parece que se puxeron de acordo para mancarse. Pese ás lesións Sandra e María aínda intentaron facer as súas probas, pero sen alcanzaren as súas marcas.

         
A quen si hai que destacar nesta xornada é a Claudia, que conseguiu dúas medallas de ouro, unha en 600 e outra en 1.000 m.l., ademais dun quinto posto en lonxitude. A marca dos 600 m.l. ábrelle a porta para o campionato de España en pista cuberta, que será a próxima fin de semana en Oviedo.
En total, foron catro medallas as que se trouxeron para Cangas: as dúas de Claudia, unha de bronce de Tinín en triplo e outra de prata de Ariana en 1.000 m.l.
Os resultados foron:
Homes:
Faustino Maquieira Outeda: medalla de bronce en triplo, 8º en 600 m.l., 18º en 50 m.l.
Rubén Lorenzo Germade: 13º en 600 m.l., 20º en 1000 m.l.
Antón Menduiña Duran: 21 en 1000 m.l.
Jesús Parcero Ríos: 6º en 2000 m.l.
Mulleres:
Nerea Outeiral Vilas: 9º en 300 m.l., 17º en 50 m.l.
Claudia Martínez Gutiérrez: medalla de ouro en 600 m.l. e 1.000 m.l. e 5ª en lonxitude
María Jesús Novo Pardavila: 7ª en 600 m.l., 8º en 3000 m.l., 9ª en triplo
Ariana Martínez Lorenzo: medalla de prata en 1.000 m.l.
Raisa Piñeiro Herbello: 8º en 1.000 m.l.
Alicia Dacruz Domínguez: 13ª en 50 m.v.
Sandra Fernández Paz: 5ª en altura
Ainara Rodríguez Nogueira: 10ª en triplo

Deja una respuesta