CAMPIONATO GALEGO XUVENIL

Cangas, 13 de maio de 2012

Cangas volveu a vestirse da gala para acoller o campionato galego xuvenil en pista e o campionato galego de 5 e 10 km de marcha xunior – promesa.
O día presentouse moi caloroso. Empezou coa proba de marcha, onde caeron un par de medallas( Mar e Rebeca). Mentres se estaba disputando esta proba, no foxo de triplo Ana Peleteiro (Barbanza) fulminaba o record de España xuvenil e o record galego absoluto cun salto de 13.50 metros .
Dúas medalla máis non tardaron en chegar, foron as de pértega (Noelia) e a dos 400 m. valados (María) que, aínda que nun principio se ían a facer semifinais, pasaron directamente á final. Na xavelina faltaba Antía que está de baixa tras unha operación, pero Talía encargouse de subir o podio.
A Ana escapóuselle a medalla de ouro ó caer nun dos obstáculos , pero levantouse rapidamente e rematou a carreira.
Os 400 m.l. tamén foron directamente á final para os homes, onde nos representou Tinín. Entre as mulleres estaba Aida que, como non pasou á final que se disputou a última hora da tarde vencendo sen problemas.
Raque e Pablo non se conformaron con subir unha vez o podio e ambos repetiron nas probas de peso de disco.
Chegados á proba de 800 m.l., Jesús saíu con forza, pero quedou sen folgos por detrás de Antón, sen conseguiren metal ningún deles. Coas mulleres participaron María e Patricia, aínda que ningunha delas se achegou a súa propia marca. María estaba cansa pola proximidade dos 400 m. valados e Patricia acusou todo o tempo que estivo sen adestrar debido a unha lesión.
Na xornada de tarde, María participou na lonxitude, onde tampouco logrou a súa marca.
Tamén pola tarde debía participar Bouza, nos 1.500 m.l., pero estaba enfermo o non pudo participar.
No martelo, a nosa representante foi Iria, que rematou cuarta.

Resultados:
Faustino Maquieira Outeda: prata en 400 m.l.
Antón Menduiña Durán: 8º en 800 m.l.
Jesús Parcero Ríos: 10º en 800 m.l.
Angel Menuiña Gutiérrez: 4º en 10 km marcha xunior
Pablo Castro Chapela: 1º en peso e 2º en disco
Aida Amoedo Portabales: ouro en 400 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: bonce en 400 m. valados, 5ª en lonxitude e 6ª en 800 m.l.
Patricia Abal Herbello: 8ª en 800 m.l.
Ana Bermúdez Méndez: prata en 2000 m. obstáculos
Mar Chillón Camaño: ouro en 5 km marcha
Rebeca Obenza Otero: ouro nos 5km marcha promesa
Noelia Cousiño Camaño: bronce en pértega
Raquel Villa Carracelas: prata en peso e bronce en disco
Talía García Prieto: bronce en xavelina, 4ª en disco, 5ª en peso
Iria Piedras Gómez: 4ª en martelo

Deja una respuesta